DOEM Logo
MND
Máster en Negocio Dixital.

 

Descripción

O Máster en negocio dixital ofrece unha formación dual (universidade + Empresa), destinada a capacitar a un amplo número de perfís con dificultades laborais.

O obxetivo é formar a profesionais (capacitación + aprendizaxe práctico) para o deseño, desenvolvemento e comercialización internacional de software, a través de un Título Propio de Máster, que cubra a demanda de perfís “Software Business Developer” con potencial internacional e con saídas tanto cara á contorna corporativa como ao emprendemento ou intra-emprendemento, máximo exponente da carreira profesional na industria do software.

A transformación dixital das empresas cara á industria 4.0 implica cambios non só na tecnoloxía, sinon tamén nos modelos de negocio, no traballo e na formación dos traballadores, buscando unha oportunidade en cada elemento da cadea de valor dende que productos se deseñan, como se producen e ata a quen se vende e como se venden.

Por iso, este programa de formación de postgrado facilita o aprendizaxe dun proceso integral de xeración de negocio, baseado no uso de TICs, desde a procura dun problema ou oportunidade, e análise da competencia, hata a planificación do negocio, a través dun proxecto real que solucione un reto plantexado polas empresas participantes.

¿Por qué facer o Máster de Negocio Dixital?

Experiencia formativa remunerada de seis meses en empresas do sector TIC.

A Universidade de Vigo, Asociación Clúster TIC Galicia, EDISA, GBTEC Software, S.L., Ideas Positivas Group, IMATIA Innovation, S.L, se unen pra facilitar emprego mediante a formación práctica que abarca de forma integral, o desenvolvemento de negocio e a capacitación en perfís tecnolóxicos.

Esta colaboración pretende abrir as portas do sector tecnolóxico a estudantes e profesionais que carecen de coñecementos técnicos necesarios para introducirse no mundo da tecnoloxía, a través dun enfoque eminentemente práctico e orientado ao traballo real en empresas.

Técnicamente capacitará os estudantes en competencias tecnolóxicas, habilidades e ferramentas, así como no campo do liderazgo e as metodoloxías empresariais, aplicables no desenvolvemento da actividade práctica empresarial.

Formación dual universitaria

O período de formación incluirá formación básica na Universidade de Vigo de luns a xoves, de 16:00 a 19:00 h., e formación práctica na empresa, de lunes a venres, de 9:00 a 14:00h., onde os participantes aprenderán cómo desenvolver proxectos e solucións reais.

Salidas laborales

  1. Técnicas: Desenvolvemento de software, técnico de soporte, control de calidade, etc.
  2. Consultoría: Transformación dixital, análise funcional, Industria 4.0, etc.
  3. Desenvolvemento de negocio: márketing e vendas para produtos tecnolóxicos, etc.
  4. Xestión: Xestión de equipos, Scrum master, Responsable de producto, etc.
  5. Emprendemento: e-commerce, aplicacions empresariais, servizos de desenvolvemento TIC, etc.

Créditos

60 ECTS

Coordinadores/as

Ángeles Sandoval Pérez
sandoval@uvigo.es

Irene Garrido Valenzuela
eneg@uvigo.es

Campus/centro onde se imparte

Facultade de Comercio
Rúa Conde de Torrecedeira, 105, 36208 Vigo, Pontevedra (Ver mapa)

Máis información en:

Máster de Formación Permanente en Negocio Digital

sandoval@uvigo.es