DOEM Logo
MTUR

Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde.

Descripción

O Máster Universitario en Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde é unha titulación oficial con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior.

O máster se imparte nun só curso (setembro-xullo), dividido en dous cuatrimestres de 30 créditos cada un. O primeiro componse de 5 materias e o segundo de 2 materias, prácticas e Traballo Fin de Master (TFM). O curso está organizado de tal modo que o alumno poida ir adquirindo coñecementos de forma progresiva ata plasmar todo o apreso nas prácticas de empresa e a realización do TFM.

Os ensinos do primeiro cuatrimestre abarcan estudos sobre a xestión das organizacións turísticas, o deseño, comercialización e promoción de produtos turísticos, o turismo interior e rural, os métodos de análise do turismo e influencia das novas tecnoloxías en hábitos de consumo, e a planificación de destinos turísticos e desenvolvemento sostible. Durante o segundo cuatrimestre abórdase o estudo do turismo de natureza e ecoturismo, o turismo termal e de saúde. Ademais, este cuatrimestre se reserva para o desenvolvemento do traballo fin de master e as prácticas externas.

¿Por qué facer el MTUR?

Ademais da interesante oferta formativa que ofrecemos, especializada no Turismo Interior e de Saúde, e a oficialidade do mesmo, brindamos a oportunidade de cursalo a través de tres vías: presencial, semipresencial ou non presencial (a distancia).

A primeira está indicada para aqueles estudantes que dispoñen dun horario flexible para acudir ás sesións en aula, e, sobre todo, que demandan un contacto directo co profesorado do master, titorías presenciais e actividades que enriquezan a formación adquirida (saídas de campo e saídas formativas).

A segunda alternativa é a máis apropiada para estudantes que buscan horarios a medida en función das súas posibilidades, combinando clases presenciais coa plataforma virtual.

A terceira opción, a distancia, é a máis flexible. Neste caso o alumnado terá acceso a unha plataforma virtual (moovi) na que poderá descargar contidos sen horarios fixos. Entrega de actividades e exames poderanse xestionar a través desta plataforma e o contacto co profesorado poderá ser de modo virtual, cun compromiso de resposta de 48 horas.

Créditos

60 ECTS

Coordinadores/as

José Antonio Fraiz Brea
jafraiz@uvigo.es

Campus/centro donde se imparte

Facultade de CC Empresariais e Turismo
As Lagoas, s/n 32004 Ourense (Ver mapa)

Máis información en:

www.masterturismoourense.es

info@masterturismoourense.es

instagram.com/masterturismoourense

facebook.com/masterturismoou

988 368865