Máster Universitario en Dirección de Pemes.
Descripción
O Máster en Dirección de PEMES é un título de posgrao oficial da Universidade de Vigo, deseñado cun enfoque moi práctico e orientado á realidade das PYMES.
O obxectivo é proporcionar unha formación integral que permita achegar aos participantes á realidade máis actual do panorama mundial dos negocios, aportando unha visión global e estratéxica da actividade empresarial e dotándolles dunha ampla gama de ferramentas de análise e toma de decisións, principalmente mediante unha aprendizaxe experimental.
Público obxetivo
Está dirixido a todos aqueles que desexen emprender un negocio propio, este máster é un bo investimento e axudaralles a definir e mellorar os seus proxectos persoais. Tamén o é para todas aquelas persoas con potencial para os negocios, que desexen afianzar os seus dotes de liderado para acceder a diferentes posicións directivas en calquera das áreas funcionaiss da empresa.
Modalidades
O Máster posúe dúas modalidades, unha presencial e unha non presencial, e ten a limitación de 30 e 10 prazas respectivamente para cada modalidade. A súa duración é dun ano académico en horario de tarde, de luns a xoves.
Profesorado
A tipología de profesorado é combinada. Unha parte deles son docentes (o 50% aproximadamente),, posuidores dun excelente perfil académico, tanto da Universidade de Vigo como doutras universidades españolas. O resto son destacados profesionais do mundo da empresa e administracións públicas, que, en base ás súas experiencias, introducen no aula os problemas reais da actividade empresarial actual.
Contidos
Os contidos básicos deste máster son os típicos do ensino dos denominados MBA, aínda que orientados ás especifidades e características propias das PEMES, combinados de xeito inter-funcional, cunha visión global, e co compromiso de ofrecerche exclusivamente aqueles que verdadeiramente van xerar valor no desenvolvemento da túa carreira profesional: Dirección Estratéxica da PEME, Dirección Comercial e Márketing para PEMES, Dirección de Persoal, Fontes e Recursos de Información para PEMES, Tributación, Contabilidade para PEMES e empresa familiar, etc.
¿Por qué facer o MDP?
Formamos directivos
O máster universitario en Dirección de Pemes aumentará as túas capacidades profesionais, dotándoche de coñecementos especializados e das habilidades necesarias para completar e adaptar o teu perfil ás necesidades demandadas hoxe en día polas empresas. Neste sentido, o máster constitúe un punto de acceso a todo un mundo de posibilidades dado que se centra en ofrecer unha resposta á necesidade crecente das empresas de contar con profesionais capaces de desenvolverse nunha contorna como o actual, cada vez máis complexo e dinámico.
Enfoque práctico
Cun enfoque eminentemente práctico, aportarémosche unha perspectiva global da empresa, e das interdependencias e relacións entre as diferentes áreas que a forman, dos novos paradigmas de xestión e de novas formas de actuar, fomentando as túas capacidades persoais, directivas e analíticas, de modo que che axude a entender como o contexto socioeconómico está cambiando e en que medida iso xera oportunidades para aqueles que comprendan a magnitude dos cambios e, sobre todo, a forma de adaptarse.
O noso obxectivo é que durante o Master aportémosche os recursos, a inspiración, os coñecementos, as ideas, as claves prácticas que necesitarás para levar a cabo os teus proxectos e para deseñar solucións aos retos das empresas no contexto actual.
Prácticas garantizadas
Garantizamos aos nos alumnos a realización de prácticas profesionais en empresas e institucións. O período de prácticas, nalgúns casos remuneradas, serve pra poñer en valor as competencias adquiridas e proporciona aos nosos alumnos unha base sólida para a profesionalización, incrementando as suas posibilidades de atopar un emprego. Este é un dos aspectos mellor valorados polos nosos alumnos: nas distintas promocións algúns deles obtiveron un contrato para permanecer na empresa unha vez rematado o período de prácticas.
Competencias dixitais
Potenciamos as novas tecnoloxías: experimentación con solucións TIC (ERP, CRM, Business Intelligence, etc.), en base a acordos cas empresas provedoras.
Créditos
60 ECTS
Coordinadores/as
Ángeles Sandoval Pérez
sandoval@uvigo.es
Campus/centro donde se imparte
FACULTADE DE COMERCIO
Rúa Conde de Torrecedeira, 105, 36208 Vigo, Pontevedra (Ver mapa)
Máis información en: