Máster Universitario en Comercio Internacional.
Descripción
O Máster de Comercio Internacional é un título oficial adaptado á nova normativa da UE e con validez en todo o espazo europeo, que comezou a seu andadura no 2008.
O seu enfoque aplicado, unido ao interese estratéxico que para o tecido produtivo ten a internacionalización, permite que os alumnos egresados sexan moi valorados polas empresas da nosa contorna.
O Máster posúe dúas modalidades, unha presencial e unha non presencial, e ten a limitación de 25 prazas para cada modalidade. Para ser admitido é necesario ter un título universitario diplomado, licenciado ou graduado- preferentemente no ámbito económico empresarial (Diplomado en Ciencias Empresariais, Graduado en Comercio, Licenciado/Graduado en Dirección e Administración de Empresas). Os criterios de admisión contemplan ademais o expediente académico, a experiencia profesional en comercio internacional e o coñecemento de idiomas, criterios que poden consultarse na páxina web e que estarán adaptados aos requerimientos marcados pola Comisión Académica do Máster.
A súa duración é dun ano académico. Na modalidade presencial o horario é de tarde, de luns a xoves o primeiro cuatrimestre, e de luns a mércores o segundo. Require a realización adicional de prácticas tuteladas (que poderían ser convalidadas por experiencia profesional). A carga lectiva é de 60 créditos ECTS. O seu custo, como calquera outro curso universitario oficial, é o marcado polas taxas oficiais fixadas cada ano pola Xunta de Galicia (actualmente ao redor de 1.300 euros).
O cadro docente inclúe 20 profesores da Universidade de Vigo e numerosos conferenciantes externos procedentes de organismos públicos relacionados co comercio exterior e de empresas exportadoras ou consultoras especializadas na internacionalización, que aportan ao Máster a súa visión práctica e o seu profundo coñecemento da realidade. Así mesmo conta co apoio explícito de numerosas empresas e institucións do ámbito de influencia de Vigo plasmado, en moitos casos, en convenios de colaboración.
¿Por qué facer o MCI?
Porque existe unha demanda de egresados con esta especialización por parte dunhas empresas que, inmersas nunha corrente globalizadora, requiren de talento que lles axude.
Porque combina profesorado académico con profesionais con experiencia e responsabilidade no comercio exterior.
Porque dende 2008 levamos impulsando profesionais do comercio internacional que copan xa postos de responsabilidade no comercio internacional.
Porque o alumno sae con capacidades multidisciplinares (directivas, analíticas, comunicativas, traballo en equipo, de xestión, resolución de problemas complexos,...) e un coñecemento das múltiples realidades e retos da economía global. Neste sentido, o Máster colabora en proxectos con outras universidades Europeas.
Porque temos vocación de servizo e responsabilidade social para cos nosos alumnos e as empresas da nosa contorna.
Créditos
60 ECTS
Persona Coordinadora
Emilio García Rosello
erosello@uvigo.gal
Campus/centro donde se imparte
FACULTADE DE COMERCIO
Rúa Conde de Torrecedeira, 105
36208 Vigo (Ver mapa)
Más información en: