DOEM Logo
MAiE

Máster Universitario en Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa.

Descripción

Máster universitario en Administración integrada de empresas e responsabilidade social corporativa (RSC). Máster Oficial da Universidade de Vigo.

O MAiE abarca os coñecementos propios dun MBA nos intégrase a RSC de modo transversal. A oferta de materias que se contempla no Máster Universitario proposto agrupa todos os puntais básicos para a xestión integral dunha empresa e responde ao espírito flexible e multidisciplinar no que se inspira o obxectivo principal do mesmo: formar profesionais capaces de gestionar empresas sobre a base da responsabilidade social e o desenvolvemento sostenible.

O MAiE se estrutura en 6 módulos teóricos e complétase cun innovador traballo fin de máster totalmente aplicado, baseado en prácticas no seo de empresas e na metodoloxía monitor consulting.

Os seis módulos docentes son impartidos en horario de mañá e abarcan estudos avanzados en temáticas que versan nos fundamentos de xestión e a RSE, a dirección estratéxica e a innovación, o marketing, a dirección dos recursos humanos, a xestión da calidade e o medioambiente así como a xestión financeira. O cadro docente inclúe 16 profesores da Universidade de Vigo e un conxunto variable de conferenciantes e profesionais externos que aportan ao Máster a súa visión práctica e o seu profundo coñecemento da realidade. Así mesmo conta co apoio explícito de numerosas empresas e institucións do ámbito de influencia de Vigo plasmado en convenios de colaboración.

O seu custo, como máster universitario oficial, é o marcado polas taxas oficiais fixadas cada ano pola Xunta de Galicia (actualmente ao redor de 1.300 euros).

¿Por qué facer o MAiE?

Por diferenciación.

Somos o primeiro e único MBA oficial e Público en Galicia que integra a RSC na xestión de empresas, en liña co que demanda a realidade social e económica da nosa contorna.

Por capacitación.

O MAiE proporciona as habilidades directivas e de xestión necesarias para deseñar e implantar proxectos empresariais nun contexto integrado coa realidade social e económica.

Por formación e innovación.

A nosa formación é de carácter eminentemente práctico e vai unida a un TFM novedoso baseado na metodoloxía Monitor Consulting Project.

Por Responsabilidade Social.

Desde o MAiE pretendemos ser socialmente responsables e servir de ponte entre a universidade e a empresa a través de:

  1. Unha Interesante, novedosa e diferenciadora oferta formativa
  2. Prácticas en empresas
  3. TFM aplicado

Créditos

60 ECTS

Coordinadores/as

Tony Crespo Franco
maiersc@uvigo.es

Campus/centro onde se imparte

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
C/ Leonardo da Vinci, s/n. Campus Lagoas - Marcosende 36310 Vigo (Ver mapa)

Máis información en:

www.maiersc.webs.uvigo.es

@MAiE_uvigo

facebook.com/maie.uvigo

Grupo Linkedin: Master MBA - MAiE