Doutoramento Interuniversitario en Turismo
Descripción
O turismo consolidouse como un dos sectores máis relevantes desde o punto de vista económico e social, non só en España senón tamén a nivel mundial. No contexto das disciplinas de carácter social, o turismo é un obxecto de coñecemento interdisciplinar que abarca un amplo abanico de actividades desenvolvidas por empresas privadas e institucións públicas, con impacto sobre a vida das persoas, tanto residentes como visitantes.
Este programa de doutoramento presenta dúas singularidades que o fan especialmente atractivo: a participación de 12 universidades españolas cunha dilatada traxectoria nos estudos turísticos, creando sinerxias e estímulos para o estudantado; e o carácter interdisciplinar coa implicación activa de numerosas áreas de coñecemento que contribúen a enriquecer o Programa a través dunha variada oferta de liñas de investigación.
Universidades participantes
Coordinadores/as
José Antonio Fraiz Brea
jafraiz@uvigo.es
Campus/centro onde se imparte
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
As Lagoas, s/n 32004 Ourense(Ver mapa)
Máis información en: